Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Consolídanse o “Saltar na praia” e “Saltar na rúa”

Consolídase ano tras ano a iniciativa emprendida de achegar o atletismo as rúas dos nosos concellos. O que comezaría sendo unha aposta arriscada, converteuse logo de tres edicións, en todo un acontecemento que baixo a organización dos clubs Atletismo Sada e Gimnástica de Pontevedra, concellos e Federación Galega de Atletismo, está a seguir apostando por este modelo de actividade. En concreto este ano serían de novo os Concellos de Sada e Pontevedra quenes acolleran as sesións de “Saltar na praia” e “Saltar na rúa” baixo unha enorme espectación e participación.

Por elas pasarían algunhas das principais figuras do noso deporte como Leticia Gil, Ruth N´doumbe, Olaia Guisela Becerril,  ou Alfonso Palomanes entre outros.

Como ben sendo habitual, as sesións de promoción viñeron acompañadas por cinco clases prácticas dunha hora a cargo do responsable de saltos da FGA Santiago Ferrer para  todos aqueles que se quixeron achegar ata a Parza da Ferrería de Pontevedra a familializarse con esta especialidade do noso deporte.

Galería de fotos “Saltar na Rúa”

Compartir: