XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

Nova savia para o atletismo galego

Cos últimos coletazos dunha nova tempada a piques de rematar, son moitos e importantes o número de atletas das categorías inferiores que ocupan un posto destacado entre os cinco primeiros no ranking nacional nas categorías Sub14 e Sub16.

En concreto son trinta e tres o número de veces que os nosos atletas foron quen de ocupar un deses meritorios lugares no ranking anual e que cada ano establece as evolucións deste importante sector do atletismo que está chamado no día de mañán a ser a xeración que lidere o noso deporte.

Revisando esas listaxes observamos como os lanzamentos e a marcha seguen a ser nas categorías base a punta de lanza do noso atletismo na que nos atopamos con catorce lanzadores e dez marchadores neses postos importantes. Entre eles, lideran as súas probas Brais Suárez nos 3.000 m. Marcha,  Erik Seijo en Martelo, Antía Sestelo e Daniel Mato en Xavelina, así como Erea Bastón primera en Peso e segunda en Disco.

O sector do fondo, sempre destacado no noso atletismo, está representado por catro atletas nesas categorías con Xela Martínez nos 3.000 m. e Carolina Santos nos obstáculos á cabeza dos mesmos. Para rematar presenza tamén en valos e saltos.

Relación Top5 Sub14

Relación Top5 Sub16

Foto: Fernanda Rivera

Compartir: