A base do atletismo cítase en Pontevedra

O Estadio da Xuventude de Pontevedra será o escenario no que se desenvolverá unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 o vindeiro sábado día 9 de xuño.

Precisamente acaba de rematar a presentación oficial deste importante evento organizado pola Delegación da FGA en Pontevedra e que conta co patrocinio de Xunta de Galicia e Concello de Pontevedra e que polas súas características, pasa por ser unha das máis concurridas tanto polo número de atletas e técnicos como polo volume de público que ata o CGTD se achegarán a presenciar a evolución desta proba.

Da mesma maneira o importante número de clubs procedentes de todas as delegacións será unha oportunidade ideal para que ademáis da competición, a socialización, a deportividade e o compañeirismo marquen unha xornada na que os valores inherentes ó deporte pasen por ser o máis importante.

O campionato que será en dobre xornada, dará comezo as 10:00 h. para rematar sobre as 20:30 h.

Guía do campionato

Compartir: