Resultados

Destacadas figuras no Galego Sub18 de Ferrol

Destacadas e notables presencias son as que se poderán contemplar o sábado día 26 durante a disputa do Campionato de Galicia Sub-18 que acontecerá nas pistas ferrolanas da Malata e que servirán, ademáis, como unha excelente oportunidade para establecer esas mínimas esixidas que dan acceso ó nacional dos días 23 e 24 de xuño en Gijón.

Entre os atletas inscritos máis salientables, cabe citar a de Víctor Mosterio do C.A. Santiago quen este ano marcaría un rexistro de 11.22 nos 100 m.l. e de 22.55 nos 200 m. Nerea Iglesias do Fontes do SAR con 12.32 e Carlos Alvarez da Atlética Lucense con 11.23 -mália que ambos con vento non válido- estarán a loitar polo triunfo. Para animar ainda máis a velocidade, contarase ca participación de Carlos Argibay do Santa Uxía líder no ránking galego dos 200 m. con 22.43.

A cabeza de lista nacional na proba dos 800 m. Lucía Sicre do RÍA Ferrol tomará parte nos 400 m. o que facilitará que a súa compañeira de club Irene Barreiro con 2:14.78 parta como favorita sobre as dúas voltas.

Unha das estrelas do Campionato El Mehdh El Nabaoui do San Paio a Estrada obtará polos 1.500 m. na que ten acreditados 4:04.34. Xunto el Sara Gómez da Atlética Lucense na mesma proba con 4.52.79 e Sonsoles Martín do ADAS Proinor no 5.000 m. con 18:35.95, parten como claras favoritas.

Os valados curtos terán unha interesante loita entre Guzmán Carril da Atlética Lucense con 15.15 e Pablo Rodríguez do C.A. Santiago con 15.21, malia que ambos con vento superior ó permitido. O lucense tamén tomará parte nos 400 m. v. nunha proba moi emocionante na que se terá que medir ó atleta da Gimnástica Pablo Boleas.

Lía Caride do RÍA Ferrol a priori debería ter algo máis doado impoñerse na súa proba dos 100 v. se temos en conta a marca efectuada de 15.11 do pasado mes de abril en Vigo.

Nos obstáculos Diego Alonso con 6:20.39 acadados en Lugo recentemente,  fan del o claro aspirate ó autonómico da súa proba.

Xa nos saltos a atleta internacional do Celta Olaia Guisela Becerril será outra das atraccións do campionato na proba de lonxitude correspondendo o protagonismo en triplo masculino para Marco Martínez da Gimnástica con 13.93 m.

En lanzamentos Nicolás García do Celta con 55.40 m. e Marcos Bouza do Beade, son os chamados a dominar o disco ó igual que Cristina Freire do AVA con 37.88 m. e María Jiménez Deza da Gimnástica na mesma proba.

No martelo outro importante punto de atención será o concurso de Irene Gómez do A.F. Celta quen tentará unha vez máis superar o seu propio récord galego de 60.02, xunto ela a súa compañeira de club Patricia Correa terá como obxectivo deixar atrás a barreira dos 52 m. Yago Araujo do Beade é o claro favorito nos homes con 60.87 m. así como Jonatas Pereira do Cuntis na xavelina con 59.82 m. Nesta última proba Andrea Botella con 38.90 suplirá as ausencias tanto de Antía Sestelo como de María Pena ambas ausentes

No sector da marcha Iria Rivas do Femenino Celta,  Roberto Vieiro do C.A. Santiago e Hugo Martínez da Atlética Lucense  parten como claros referentes na proba.

Horario definitivo

Compartir: