Resultados

Aluvión de medallas para os nosos máster en Salamanca

Nada menos que un total de 54 medallas (22 ouros, 13 pratas e 19 bronces) e 17 récords galegos sería o excelente resultado que trearían consigo a ampla representación de atletas máster que tomaron parte esta fin de semana en Salamanca no seu Campionato Nacional de Pista Cuberta.

Entre os récords galegos salientamos a da atleta do ADAS-Proinor Mónica Yáñez quen na categoría W-40 colleitaría os de altura e pentatlón con 1.47m. e 3.297 puntos respectivamente. José Cidrás do Comesaña S.C. na M-70 pola súa banda establecería os topes autonómicos nas probas de 60 m. e 200 m.con 9.91 e 32.21. De novo Emilia Mesa acadaría dous ouros tanto na súa especialidade de peso con 9.28 m. como nos 60 m. con 9.81, marca esta última que supón un novo récord galego. Ademáis ambos rexistros supoñen sendos novos récords do campionato.

En canto a metáis Raquel Lameiro do ADAS-Proinor na categoria W-40 colgaríase os ouros de lonxitude con 5.07 (récord galego) e de triplo con 10.78 m. o mesmo que a santiaguesa do Universidade Esther Pedrosa quen faría o propio na categoría W-55 cas probas de 1.500 m. con 5.11.53 (récord galego) e de 3.000 m. con 11.16.70. De igual modo meritorios ouros para Luz Domínguez de As Burgas quen pasaría de estar ingresada fai unhas semanas no hospital a acadar os triunfos de 400 m. con 1:10.37 (novo récord galego) e dos 800 m. con 2:41.71 na categoría W-55.

Estos rexistros acontecidos,  melloran amplamente o balance de medallas acadados o ano pasado no Campionato de España de Pista Cuberta que se disputaría en Madrid e na que os nosos representantes traerían de volta 46 metáis (11 ouros, 18 pratas e 17 bronces)

Resultados

Resumo actuación galega en Salamanca (rectificado)

Compartir: