Novo fin de semana de campionatos indoor

Seguindo ca axenda de Campionatos Autonómicos, esta fin de semana contaremos na Pista Cuberta de Riazor co desenvolvemento do Galego Sub-23 así como a dos Sub-18 e Sub-20 nas probas dos 1.500 m. e 3.000 m.

Cunha participación  un tanto “descafeinada” afróntarase este cita que contará ca presencia da campiona galega indoor absoluta en Expourense nas probas de velocidade dos 200 m. e dos 400 m. Paula Iglesias quen tomará parte no dobre hectómetro. Nesta mesma proba, presencia do subcampión galego do Lucus Caixa Rural  Iago Núñez, que de igual modo participará nas probas dos 50 m.v.  así como na dos 400 m.

Xiana González da Gimnástica e bronce no absoluto nos 200 m., será outra das atletas que se deixará ver por Riazor, repetindo distancia. Mesmo metal para Ainoa Don do Riazor Coruña nos absolutos, quen loitará polos títulos tanto da lonxitude como de altura.

No concurso de peso nova oportunidade para presenciar un interesante duelo entre a canguesa e subcampiona galega Raquel Villa e o bronce na mesma especialidade, Alicia Pose do Lucus Caixa Rural Galega.

Xa nos 1.500 m. sub-18. presencia destacada de El Medhi El Naboui do S. Paio A Estrada quen ven de acadar no absoluto a mínima para tomar parte no Campionato de Europa ó Aire Libre de Gyor logo de establecer un tempo oficial de 8:33.37 e que da mesma maneira sitúano ó fronte do ranking nacional da súa categoría. A internacional Sub-23  Uxía Perez do Playas de Castellón tomará parte nos 3.000 m. ó igual que Sara López da Atlética Lucense na sub-18 completando esta distancia na categoría masculina o tamén lucense Bilal Dahmouni

Compartir: