Resultados Galicia – Nacional Absoluto Aire Libre

Destacada actuación das nosas cadetes no seu nacional por equipos

Esta fin de semana disputaríase o Campionato de España Cadete na que tomarían parte a Agrupación Viguesa de Atletismo e o Clube Atletismo Sada

As viguesas que compitirían en Valladolid encadradas no Grupo B1 colleitarían a sexta posición un total de 8657 puntos nun encontro gañado polo equipo local do C.A. Valladolid. Por parte das do AVA salientarían as victorias  de Irene Gómez en Martelo e Lola Bouza en Pértega así como as segundas prazas de Lucía Dopico nos 100 m.v.,  María Guisande en disco, e o terceiro lugar de Sara Lima nos 3000 m.,l,.

As sadenses, pola súa contra, compitirían en Durando no grupo B2 logrando un meritorio quinto posto con 9811 puntos. Por parte das súas atletas destacaría o equipo de relevos dos 4×100 que colleitaría a segunda posición así como os terceiros postos de Carmen Martínez nos 3000 m.l,  Zeltia Fernández en altura, Lucía Díaz en xavalina e Aitana Guerra nos 3000 m. marcha.

Resultados Final B1

Resultados Final B2