Resultados Galicia – Nacional Absoluto Aire Libre

Entrega de Trofeos do IV Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Xa existe data para a entrega dos trofeos e Premios do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputacion da Coruña desenvoltos durante o ano 2016

A data prevista do acto, será o vindeiro dia 4 de Outubro as 18.00 horas da tarde na “Sala Juanjo Gallo” na sexta planta  da  Deputación da Coruña. O acto asistirán ademáis dos premiados, membros tanto do organismo público coma da Federación.

Lembramos que os gañadores individuáis absolutos foron Rocío Alvite  e Amador Pena correspondendo ó Clube Atletismo SAR Vermut Petroni o trunfo por clubes en ambas categorías.

(Por cuestións de seguridade e protocolo, para asistir á recollida de premios, compre confirmar a presenza no seguinte ENLACE)

RELACION DE PREMIADOS