Excelentes rexistros no Ourense Termal Atletics Meeting 2017

O pasado sábado, Ourense acollería unha nova edición do Ourense Termal Atletics Meeting 2017 unha das citas máis importantes do calendario en pista en Galicia. O evento que viña precedido dunha importante espectación, non defraudaría en canto a resultados nos que compre salientar os rexistros da atleta venezolana do Atletismo Feminino Celta Nediam Nori Vargas quen acadaría 11.80 e 23.92 nos 100 e nos 200 m.l. No mesmo sector 10.82 para Jean Marie Okutu nos 100 m.l. sendo tamén destacados os 58.02 de Lucía Sicre (Ria Ferrol) nos 400 m.l. Pola súa banda salientables rexistros de José Alfonso Palomanes con 15.44 m. e 15.52 nos seus dous saltos válidos no concurso de triple e que o colocan de terceiro no ranking.

No apartado de récords Luz María Domínguez do Burgas Ourense establecería un novo Récord Nacional W-55 nos 400 m.l. logo de marcar un crono de 1.08.37 que millorarían os 1.09.06 de Rosa Escribano do ano 2016. Pedro Osorio (Ria Ferrol-CCA) pola súa banda asinaría cos seus 1.52.42 un novo Récord Galego Xuvenil millorando a anterior plusmarca que dende o ano 1991 tiña Leonardo Piñeiro con 1.52.7 e que pon de manifesto o excepcional estado polo que pasa o ferrolano. Miguel Gómez do R.C.Celta na categoría M-35 sumaríase a festa vivida na capital das burgas, establecendo dúas novas plusmarcas autonómicas tanto nos 100 m.l. con 11.04, coma nos 200 m.l. con 22.74

Ligazón

Compartir: