Este domingo dia 23 desenvolveuse na Coruña unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia de marathon na que un bo número de participantes tomarían a saida entre populares, federados e inscritos nos 10 km.
Nunha mañán excelente para a compitición o primeiro atleta en chegar a línea de meta sería Javier Paredes do Burgas Ourense quen debutaría na proba acadando o título autonómico e marcando un rexistro de 2.33.54. Compartindo podium estarían Rubén Caamaño do C.A.Sar con 2.38.06 sendo o bronce para Ricardo Vázquez do ADAS-Proinor con 2.39.55. Na categoría feminina a victoria correspondería para a atleta do Verxel Nutrición Mónica Granero quen baixaría das tres horas marcando un crono de 2.59.02. Do clube atletismo Sada sairía a prata e bronce restante da man das irmáns Inés Papín con 3.18.46 e de Noelia Papin con 3.25.48. En canto rexistros salientables sinalar o récord galego efectutado pola atleta W-60 Isabel Brea do Egovarros ó marcar un rexistro de 4.18.22 que milloraría ó anterior récord que ela mesma tiña.
Na clasificación por clubes o Campión Galego Feminino sería o Clube Atletismo Sada seguido do Egovarros de Viveiro. Xa na categoría masculina trunfo para o Burgas Ourense, que estaría acompañado no podium polo C.A. Sar e o Atletismo Ri´ía de Arousa.
No resto de categorías os campións galegos serían os seguintes:
Promesa: Santiago Calvo (S.D.Barbanta Roda) 3.45.15. Senior: Ana Fernández (3RUN b.P.N.) 3.53.52 e Rubén Caamaño (C.A.SAR) 2.38.06. Veteranos 35: Mónica Granero (Verxel Nutrición) 2.59.02 e Javier Paredes (Burgas Ourense) 2.33.55. Veteranos 40: Noelia Papín (C.A.Sada) 3.25.48 Ricardo Vázquez (ADAS-Proinior) 2.39.55.Veteranos 45: Inés Papín (C.A.Sada) 3.18.46 e José Luis Prado (Marineda) 2.45.43.Veteranos 50: Susana Parguiña (Egovarros) 3.56.10 e Santiago Vázquez (Riazor Coruña) 2.45.07.Veteranos 55: Manuela Guisasola (Egovarros) 3.50.06 e Emilio Martínez (Egovarros) 2.52.21.Veteranos 60. José Losada (Burgas Ourense) 3.13.16. Veteranos 65. Isabel Brea (Egovarros) 4.18.22 NRG e Manuel Otero (A.Corredoiras) 3.44.58. Veteranos 75: Antonio Cabana (Egovarros) 4.13.11