Paula Mayobre e Lolo Penas, campións galegos de 10 km ruta

Padrón sería esciario da disputa do X Campionato de Galicia de 10 km. en Ruta que vería coroarse a Paula Mayobre do Clínicas Dental Seoane Pampín con 35.30 e a Lolo Penas, este ano independente, con 30.30, como novos campións de Galicia da distancia.

Con este trunfo a de Ares revalida o título acado o ano pasado en Ames e que se engade o que xa tiña da edición do 2010 na Coruña. En canto a Lolo Penas os seus trunfos remontanse ós anos 2008, 2009 e 2010 cando se imporía nas tres primeiras edicions deste campionato en Ruta.

Xunto os gañadores, estarían no podium Melinma Alonso do C.A.Fene con 36.05 e Raquel Suárez do RIA Ferrol con 36.08, asi como David Santos do Verxel Nutrición con 30.35 e Manuel Hurtado da Gimnástica con 30.44

Ligazón PODIUM GALEGOLigazón

Compartir: