Protagonismo para a Selección Galega e os veteranos nesta fin de semana

Importantes citas son as que contamos para esta fin de semana, e na sen lugar a dúbidas a máis salientable será a cita da nosa Selección Absoluta que se medirá as do resto do Estado en Alcobendas, na procura dun segundo podium na súa história. A ela, os nosos seleccioados acuden cun equipo moi competitivo malia as baixas importantes de última hora. A Selección Galega Cadete Escolar que acude a Cartagena, asi como o Campionato de España Infantil por equipos que se disputará en Castellon, completarán o apartado de encontros importantes nas categorías base do noso deporte.

O Campionato de veteranos/as de aire libre, arrancará o sábado 18 no Concello de Vilagarcía que se convertirá no epicentro desta importante compitición que vai cada ano gañando en participación e interese. Para esta edición cóntase cunha numerosa presencia de atletas, e co debut de varios equipos de recente creación.

A pista se presenta con citas interesantes en varias Delacións. Lugo inmerso en plenas festas do Arde Lucus, dará acollida a súa tercera xornada en Pista Deputación de Lugo ao igual que fará Vigo, a instancias do AVA, ca sexta xornada da Serie Municipal. En Ourense a Escola Atlética Pereiro de Aguiar celebrará o seu XXV aniversario ca desputa dun trofeo que dará comezo as 11.00 horas. Por último o Comesaña Sporting Club organizará un programa de probas o domingo dia 19 en recoñocemento a traxectoria de Chus Sanguos e que leva por denominación En Atletismo ¿coraje y entrega? ¡ Chus Sanguos ¡

Para rematar o pedestrismo volve a escea, pechando esta interesante oferta atlética na que os Concellos de Xinzo de Limia, Nigrán, A Silva, e Carballo desenvolverán senda probas completando un intenso fin de semana.

Compartir: