Resultados

II Circuito Ferrolán en Pista, IX Serie Municipal de Vigo e XI Trofeo Vila de Cangas

Ferrol, Vigo e Cangas foron os escearios de tres xornadas de atletismo en pista con gran participación especialmente nas categorías de menores. No II circuito Ferrolán en pista salientar os rexistros das locais do Ría Lidia Casal nos 100 con 12.54, Candela Díaz nos 200 con 26.10 e Judith García nos 400 con 59.87. Na IV Xornada da Serie Municipal de Vigo o rexistro mais destacado foi o da cadete do Atletismo Cuntis Claudia Torres nos 100 con 12.54 mentres que no XI Trofeo Vila de Cangas as millores marcas por puntuación foron a de Miguel Cajaraville (R.C.Celta) con 4.61 en pértega e Solange Pereira (Valencia Terra i Mar) nos 800 con 2.07.25, proba na que Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) marcou 2.11.44