Resultados

Mado González

A Selección Galega de atletismo xa se atopa en Alcobendas onde este sábado desputará o XLI Campeonato de España de Federacións Autonómicas. O Combinado galego acude co dificil reto de millorar esa quinta posición do ano pasado, habida conta das importantes baixas de última hora por lesión que fixeron que se caeran da selección nomes tan importantes como os de Ana Peleteiro, Manuel Uriz ou Esther Navarrete. Malia elo Mado González Directora Técnica da F.G.A. salienta “acudimos cun combinado moi competitivo e motivado para afrontar esta cita, na que a mistura de xuventude e veteranía é o máis salientable” Sería na edición do ano 2010 desenvolta en Vigo, onde a Selección colleitaría o seu millor resultado e na que os homes subirian por vez primeira ao podium na terciera posición. Dende entón, as categorías compiten conxuntamente existindo unha única clasificación. Preguntada precisamente sobre un pronóstico para este campionato, non aventura ningún resultado, salientando ao respeito ” Malia que acudimos con baixas importantes ao que hai que sumar un grandísimo nivel en xeral por parte das demáis seleccións, estou convencida de que faremos un excelente encontro. Vexo unha selección moi motivada cas súas cores” A nivel xeral os puntos fortes da selección serán sen lugar a dúbidas os concursos nas que a lonxitude de homes e a xabalina de mulleres estarán ben cubertas por Jean Marie Okutu con 7.84 e Lidia Parada con 55.07 respectivamente os cales encabezan por marcas sendos probas. Outra proba importante para os intereses galegos son os 1500 m. femininos onde a presenza de Solange Pereira ca millor marca de todas de 4.10.76, garantiza tranquilidade nesa discipliña. Importantes serán tamén as aportacións dos lanzadores Belén Toimil (peso e disco) e do olimpico Frank Casañas (disco), Alfonso Palomares en triple, Claudia Rojo nos 400 m.v. e Ivo Maseda nos 5000 m. os cales estarán tamén loitando polo podium. Outras bazas importantes serán as de Saleta Fernández en altura que con 1.83 acada a cuerta millor marca das participantes, e igual posto tamén para o lucense Miguel Gonzalez na proba dos 3000 Obstáculos con 8.55.23. A Selección Catalana, vixente campeona, parte como favorita para acadar o trunfo e ante unha potente aspirante Selección madrileña que ven moi reforzada para este encontro

Compartir: