Saltar ao contido

Órganos de goberno e representación

Presidente

O Presidente terá as seguintes funcións e atribucións:

  • Ostentar a representación legal da FGA, ante os membros integrantes da Federación e ante toda clase de autoridades, organismos, tribunais, entidades, corporacións e particulares.
  • Convocar e presidir os órganos de goberno e representación da FGA con voto de calidade en caso de empate na adopción de acordos, e executar os mesmos, asumindo a presidencia de devanditos órganos.
  • Estimular e coordinar a actuación dos distintos órganos federativos.
  • Ordenar os pagos a nome da Federación, asinando co Tesoureiro e/ou Secretario Xeral ou persoa expresamente designada polo Presidente para substituílos.
  • Coidar de que os órganos federativos axusten a súa actuación ao disposto nestes Estatutos e nos Regulamentos que os desenvolven.
  • Conferir poderes especiais ou xerais a Letrados, procuradores ou calquera outra persoa mandataria para que ostente a súa representación legal, tanto en xuízo como fóra del.
  • Convocar a Asemblea Xeral, a súa Comisión Delegada, a Xunta Directiva e os demáis órganos complementarios dos de goberno, que presidirá.
  • Nomear e cesar ós Delegados das Delegacións da FGA.
  • Designar ao Secretario Xeral e ao Tesoureiro.
  • Designar e cesar ós membros da Xunta Directiva e dos demáis órganos non electivos da FGA e crear e suprimir órganos, comisións ou comités e nomear e cesar os seus membros.
  • Propoñer á Comisión Delegada da Asemblea Xeral:
    • A modificación do calendario deportivo.
    • A modificación dos orzamentos.
    • A aprobación e modificación dos Regulamentos.
  • Ademáis todas aquelas atribucións conferidas por todos os órganos superiores de goberno e as que se deriven dos Estatutos e as Leis.

Presidente: Iván Pablo Sanmartín Carreira