Órganos de goberno e representación
Comisión Delegada
A Comisión Delegada da Asemblea Xeral, composta por dez membros elixidos entre os Estamentos de Clubs, Atletas, Adestradores e Xuíces da Asemblea Xeral, ademáis do Presidente da FGA, reunirase como mínimo, unha vez cada catro meses, e terá as seguintes competencias:
- A elaboración dun informe previo á aprobación do orzamento do exercicio seguinte.
- O seguimento da actividade atlética e xestión económica da FGA, mediante a elaboración dun informe anual á Asemblea Xeral sobre a memoria de actividades e a liquidación de contas do exercicio anterior.
- A modificación do calendario atlético.
- A modificación do orzamento.
- A aprobación e modificación dos Regulamentos da FGA.
- Autorizar o gravame ou alleamento dos bens inmobles da FGA, sempre que o importe da operación sexa inferior ao 10% do seu orzamento ou 55.000 euros. Este acordo precisará un mínimo de 2/3 dos votos presentes.
- A Asemblea Xeral poderá encomendar expresamente á Comisión Delegada calquera outra cuestión que non sexa competencia exclusiva da mesma.
Presidente: Iván Pablo Sanmartín Carreira
Estamento de Clubs
Asociación Deportiva Atlética do Sil
Club Atletismo Narón
Club Atletismo Negreira
Club Atletismo Santiago
Ourense Atletismo
Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Estamento de Atletas
Carlos Fraga Adrio
Estamento de Adestradores
Ángel Fidalgo Vázquez
Estamento de Xuíces
Eloy Bretal Cancelas