Saltar ao contido

Órganos complementarios

Xunta Directiva

É competencia da Xunta Directiva:

  • Preparar as ponencias e documentos que sirvan de base á Comisión Delegada da Asemblea para que a mesma exerza as funcións que lle corresponden.
  • Preparar as ponencias e documentos que sirvan de base á Asemblea Xeral, para que a mesma exerza as funcións que lle corresponden.
  • Preparar ponencias e documentos á Comisión Delegada, para a aprobación dos Regulamentos internos da FGA e os relativos aos Órganos, Comisións, Comités e Escola Galega de Adestradores.
  • Propoñer o traslado de domicilio da FGA dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración do proxecto de orzamento da FGA para a súa presentación á Asemblea Xeral.
  • Colaborar co Presidente na dirección económica, administrativa e deportiva da FGA e na execución dos acordos dos demáis órganos colexiados superiores de goberno e representación da mesma.
  • Aprobar o balance de gastos e ingresos das distintas actividades que desenvolvan os distintos Órganos, Comités, Comisións e Escola Galega de Adestradores.

Presidente
Iván Pablo Sanmartín Carreira
Vicepresidentes
Eladio Gómez rosales
Jesús Vázquez Tallón

Vogais
José Manuel Ruiz Pérez
José Antonio Bazán Arcay
Esther Pedrosa Carrete
Luis Gómez Fiaño
Francisco Javier Campos Suárez
Mayka Jueguen Lago
José Domínguez Caballero
David Posada González
Mario González Rodríguez
Guillermo Sandino Leira

Con voz e sen voto (Art. 41º Estatutos)
Secretaria Xeral
Yolanda González Fernández