Órganos complementarios
Tesoureiro
Ao Tesoureiro da FGA correspóndelle:
- Gardar os fondos federativos e ter ao día a contabilidade e vixiar por ela, axustada ás normas de adaptación do Plano Xeral de Contabilidade ás Federacións Deportivas.
- Custodiar os libros e documentos relativos á contabilidade da FGA vixiando a súa exacta levanza.
- Coidar de que os pagos que ordee o Presidente correspondan cos gastos autorizados no Orzamento.
- Cobrar cantidades e asinar os recibos correspondentes.
- Elaborar o anteproxecto do orzamento para a súa análise e aprobación pola Xunta Directiva e Asemblea Xeral e confeccionar o Balance con especificación e desglose de gastos e retribucións.
- Exercer a inspección económica da Federación propoñendo medidas disciplinarias en caso de infracción.
- Exercer de Tosoureiro de todos os órganos de funcionamento, Comisións, Comités e Escola Galega de Adestradores.