Saltar ao contido

Órganos complementarios

Secretario Xeral

O Secretario Xeral da FGA, que vén sendo tamén o da Asemblea Xeral, Comisión Delegada, da Xunta Directiva e dos demais Órganos, Comités e Comisións da FGA asistirá ao Presidente da FGA en todas as actividades propias do seu cargo.

Ao Secretario Xeral, correspóndelle exercer as funcións de federatario e asesor da FGA, a preparación e despacho material dos asuntos así como a dirección e organización das funcións administrativas. Asumirá a xefatura do Persoal, sen prexuízo das facultades de Delegación que en tal sentido lle corresponda.

Ao Secretario Xeral, como Secretario nato dos Órganos, Comisións, Comités e Escola Galega de Adestradores, da FGA, que asiste ás reunións con voz pero sen voto, salvo que pertenza de pleno dereito ós mesmos, correspóndelle:

  • Informar verbalmente ou por escrito,contestando ás consultas que se lle fagan sobre os asuntos pendentes nos órganos da FGA e dos que forma parte e das reunións que celebren os distintos órganos Federativos.
  • Redactar acta de todos os acordos e unha vez aprobaos, asinar co VºBº dos respectivos Presidentes e pasalos ós libros correspondentes.
  • Expedir as certificacións da FGA.
  • Coordinar a actuación dos distintos órganos da FGA.
  • Emitir os informes que lle soliciten.
  • As funcións que lle encomenden as normas regulamentarias da FGA.
  • Custodiar os libros de Actas e Rexistros da FGA.
  • Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, actas das reunións da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada, no prazo e 15 días, a partir da celebración. O Secretario Xeral poderá delegar o exercicio das súas funcións noutros funcionarios da FGA ou entre os membros dos Órganos, Comisións e Comités, se fose preciso, ou no caso de ausencia ou enfermidade.

Secretaria Xeral: Yolanda González Fernández

CV Secretaria Xeral