A FGA ten como función propia fundamental a de promover, facilitar, planificar, administrar e dirixir, con carácter exclusivo, a práctica do Atletismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A FGA, desempeña, respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control, coordinación e supervisión que lle recoñecen os seus Estatutos, as disposicións da RFEA, da IAAF e as normas legais de carácter deportivo.
A FGA é a única competente, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para regulamentar, organizar, xestionar e controlar as competicións oficiais de Atletismo.
A convocatoria das seleccións galegas de Atletismo e a desinación dos deportistas que as integren.
Colaborar coas administracións públicas e coa Real Federación Española de Atletismo, así como as restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.
Colaborar coa administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel.
De ser o caso, e conforme a normativa que sexa aplicable, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.
Colaborar coa administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa aplicable.
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso.Dacordo