INTRODUCCIÓN

A Lei, coñecida por “lei de transparencia”, publícase no BOE o 10 de decembro do 2013 e según o seu artigo 1 “ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos, así como as consecuencias derivadas do seu incumprimento”.

Esta lei é de aplicación a todas as institucións e administracións do Estado e, ademais, según o artigo 3.b) as disposicións do capítulo II do título I serán tamén aplicables a “ás entidades privadas que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros ou cando, polo menos, o 40% do total dos seus ingresos anuais teñan carácter de axuda ou subvención pública, sempre que alcancen como mínimo a cantidade de 5.000 euros”.

En base a aplicación do convenio suscrito coa Secretaria Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo cumpre con todas as obrigas de información e transparencia requeridas publicando na súa web todos os apartados requeridos, nun manifiesto exercicio de responsabilidade e amosando unha clara vocación de transparencia..

Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.