Sergio Vázquez Gómez

Lugo, 1936 – A Coruña, 2022

 

Presidente Honorario


Sergio Vázquez Gómez, nado en Hombreiro (Lugo) en 1936. Practicou atletismo dende o ano 1953 ata o 1962. Acadou a internacionalidade na categoría junior nos 1.500 m., cando xa residía en A Coruña. Como dirixente deportivo foi fundador do Club Atlético Coruñés, en 1958. Asemade, membro da Xunta Directiva da Federación Coruñesa con Emilio Tapia de presidente. Estivo vencellado á política municipal de A Coruña como concelleiro. Dende o ano 1984, momento no que se constitúen de novo as Federacións Autonómicas, ata o ano 2006, foi presidente da Federación Galega de Atletismo. Baixo o seu mandato estruturouse o actual atletismo galego, creándose as delegacións federativas e iniciándose a súa expansión.