Icía Ares e Nico Collazo confirman a súa progresión no galego de marcha de inverno
As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra acolleron o pasado sábado 21 de novembro o XIX Campionato Xunta de Galicia de Marcha de Inverno, unha cita que reuniu os especialistas galegos desta disciplina nas diferentes categorías e que se desenvolveu ao longo da mañá cun amplo programa de competición.
O campionato que tamén foi proba puntuable do Circuito galego de marcha 2026 volveu converter as pistas do CGTD nun punto de encontro para a marcha atlética galega, ofrecendo unha xornada de competición na que se combinaron os resultados destacados dos atletas máis destacados co traballo de formación e promoción das categorías base.
Icía Ares e Nico Collazo, novos campións galegos absolutos
Na proba absoluta masculina dos 5.000 marcha, o título autonómico foi para Nico Collazo do Ames Atletismo Savante, quen se atopa na centro de Alto Rendimento de Madrid e que se impuxo cun excelente rexistro de 21:06.80. A segunda posición foi para Mateo Valcarce do ADAS CUPA, cun tempo de 22:23.00, mentres que o campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda Atlético, completaba os postos de podio cun rexistro de 22:24.40.
Na categoría feminina dos 5.000 marcha, a vitoria correspondía a campioa de España Icía Ares do Sanysec-Ourense, que asinou unha destacada actuación ao parar o cronómetro en 26:10.02, establecendo ademais unha nova mellor marca persoal. A segunda praza foi para Sabela Pena do At. Sada, con 27:49.54, e a terceira para Noa Abelleira do Lucus Caixa Rural Galega, cun tempo de 28:23.80.
Ambas probas ofreceron un bo nivel competitivo, confirmando o momento de forma dos principais referentes da marcha atlética galega e a progresión dos deportistas máis novos que compiten nesta disciplina.
No resto das categorías, os vencedores e vencedoras desta edición foron os seguintes:
- 1.000 m. marcha: Adriana Castro (Atl. Lucense) e Iago Rubianes (Atl. Cuntis).
- 2.000 m marcha Sub12: Sabela Gándara (Atl. Porriño) e Gael Seijido (Atl. Narón)
- 2.000 m. marcha Sub14: Deva Pallas (Vila de Vigo) e Diego Fernández (Atl. Lucense)
- 3.000 m. marcha: Eva Veiga (Lucus Caixa Rural Galega)e Antón Díaz (Atl. Narón).