Saltar ao contido
Campionato de España

Gran actuación dos equipos naroneses en Atapuerca

O Centro de Arqueoloxía Experimental de Atapuerca, en Burgos, volveu converterse no epicentro do campo a través a nivel estatal e internacional. Por terceiro ano, e segundo consecutivo, o emblemático circuíto burgalés acolleu conxuntamente o Cros de Atapuerca, pertencente á máxima categoría Gold Level XC Meet de World Athletics, e o 61º Campionato de España de Campo a través por Clubs.

A xornada reuniu a 2319 atletas representando a 448 equipos de 187 clubs desde as categorías sub16 ata a absoluta entre os cales figuraban 24 equipos galegos en representación de 17 clubs.

Atletismo Narón, gran protagonista

Sen lugar a dúbidas o resultado máis imporante para os intereses galegos foi a fantástica actuación do Club Atletismo Narón quen voltaba nada menos que con dous podios dos seus equipos masculinos Sub16 e Sub20. En concreto o combinados azulón Sub16 capitaneado por Enrique García quen entraba na sexta posición da xeral, sumaba un total de 91 puntos que lle permitiron lograr o subcampionato de España grazas as actuacións do resto de equipo formado por Guillermo Ortigueira, Samuel Tallón, Marín Otero, Miguel Benasach e Lois Morón.

Non  remataban aquí as boas novas para os naroneses xa que na distancia superior, a Sub20 masculina, lograban outro importantísimo posto de podio ao remater terceiros cun total de 120 puntos a tan só 5 puntos do subcampionato. Por parte individual Anxo Bello lideraba o equipo ata o podio grazas a súa 5º posición da xeral nunha carreira moi traballada polo equipo na que foron protagonistas Alejandro Domingo; Pablo Vázquez;Roque González; Gael Varela e Mario Cupeiro.

No resto de actuacións compre salientar os magníficos resultados obtidos por Lucus Caixa Rural e polo Celta Atletismo quenes remataban na categoría Sub18 masculina de sextos e oitavos respectivamente. Sen abandonar esa mesma categoría pero en mulleres, o outro posto de finalista era logrado polo Sanysec-Ourense  sumando un total de 216 puntos o que lle daban a sétima posición da proba.

Demeku Paniagua, bronce individual

Dentro do resto de actuacións destacadas a nivel individual, compre salientar especialmente ás atletas galegas da categoría  Sub20 feminino. Nesta proba as irmáns Demeku e Debritu Paniagua do Atletismo O Pino lograban entrar en línea de meta con idéntico tempo ocupando o terceiro e cuarto posto respectivamente. Sandra González da At. Lucense pola súa banda, entraba inmediatamente a continuación no posto quinto da clasificación xeral.

Por último, mención especial e destacada do resto de atletas que lograban ocupar  postos de finalistas:

  • 4ª Enma Méndez da Atl. Lucense na Sub23 (FC)
  • 4ª Irma Veiguela do Sanysec-Ourense na Sub18
  • 4ª Alex Sierpes do Vicky Foods na Sub20
  • 5º Teo de Frutos do Lucus CXR na Sub20 (FC)
  • 7º Xoel Franco do Celta Atl. na Sub18
  • 7ª Irene García do Ferrol Atl. na Sub16

Resultados

Fotos RFEA

Compartir