Saltar ao contido
Campionato de España

Gran actuación galega máster en Negreira

O atletismo galego foi un dos grandes protagonistas do Campionato de España Máster de 5K en ruta, celebrado esta fin de semana en Negreira, cun balance extraordinario de 24 medallas: 9 de ouro, 5 de prata e 10 de bronce.

Un resultado que confirma o excelente momento do atletismo máster galego e que tivo como complemento a consecución de tres novos récords de Galicia, e un de España nunha xornada na que os atletas da nosa comunidade demostraron o seu nivel competitivo e a súa capacidade para seguir superando marcas.

Xosé Luis Otero e Esther Pedrosa, protagonistas

Os novos récords galegos chegaron da man de tres atletas que protagonizaron actuacións destacadas nas súas respectivas categorías. Para comezar Xosé Lois Otero, na categoría M70, estableceu unha nova plusmarca de España logo de realizar un rexistro de 21:17 e mellorar os recentes 21:44  fixados como plusmraca este mesmo ano. Con este rexistro ponse en valor a gran calidade do atleta compostelá que sigue sumando éxitos á súa dilatada carreira deportiva.

Manuel Míllara, na M80 cun tempo de 27:41,e  Soledad Leiro na F45 con 18:34, completaban a relación de récords galegos batidos nesta edición onde ademáis por porcentaxes, foi Esther Pedrosa a millor das atletas femininas participantes neste campionato.

Ademais dos récords, o campionato deixou importantes vitorias individuais para os representantes galegos. Entre os atletas que acadaron a primeira posición nas súas categorías figuran Amador Pena , na M45; José Nercellas , na M55; Soledad Leiro, na W50; Esther Pedrosa , na W65; Carmen Rodríguez , na W70; Xosé Lois Otero, na M75, e Manuel Míllara , na M80, segundo a clasificación recollida no documento de resultados.

O éxito galego tivo tamén reflexo na clasificación por federacións, na que Galicia conseguiu a primeira posición cun total de 284 puntos, por diante do resto das representacións autonómicas.

Importante botín de pratas e bronces

No  resto de podios, compre salientar tamén o importante número de medallas de prata e bronce acadadas polos representantes galegos. As pratas foron para Emilio Pérez na categoría M35; Soledad Castro na W60; Arlindo Riveiro na M65, e Sara Barreira  na W70.

Pola súa banda, as medallas de bronce corresponderon a Teresa Parrado  (W35), Esteban Díaz  (M45), Inés Papín  (W55), Manuel Suárez  (M65), Ángeles Rodríguez  (W65), Domingo Álvarez  (M70) e Begoña de Arriba  (W70).

Estes resultados poñen de manifesto o gran traballo que se está a desenvolver no atletismo máster galego e o nivel dos seus deportistas, que continúan levando o nome de Galicia aos primeiros postos das competicións nacionais.

Destacada actuación por equipos

Si foron bos os resultrados a nivel individual, non foron menos a nivel de equipos na que os conxuntos galegos colleitaban un total de seis medallas entre elas, dous títulos de campións de España.

  • Categoría F45. 1º ADAS CUPA/ 2º SD Compostela
  • Categoría M35. 1º ADAS CUPA/ 3º Atletismo SAR
  • Categoría M40. 3º Marineda Atlético
  • Categoría M60. 3º SD Compostela

Resultados

Foto, RFEA

Compartir