Saltar ao contido
Federación

Santiago abrirá o IV Circuíto Deputación da Coruña en pista

O atletismo de base volverá ser protagonista na provincia da Coruña coa posta en marcha do IV Circuíto Deputación da Coruña de atletismo de probas en pista 2026, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Atletismo e que conta co patrocinio  da Deputación da Coruña.

Esta cuarta edición chega consolidada como unha das citas destacadas do calendario atlético provincial. Na mesma haberá unha ampla participación que permitirá que máis dun milleiro de nenos e nenas poidan competir e formarse nas tres xornadas que integran o circuíto.

A Deputación da Coruña a través do seu apoio económico e patrocinio, desempeña un papel esencial no desenvolvemento desta iniciativa facendo posible que centos de atletas teñan a oportunidade de achegarse ao atletismo, competir e seguir avanzando na súa formación deportiva. De igual modo, a súa celebración reafirma a importancia da colaboración entre institucións públicas e deporte federado, baixo o denominador común  de impulsar o atletismo de base e ofrecer novas oportunidades deportivas á mocidade da provincia.

O circuíto estará composto por tres xornadas, dirixidas ás categorías Sub10, Sub12 e Sub14 cun programa que incluirá probas de velocidade, medio fondo, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso.

As xornadas serán:

 

Compartir