Guía de licenzas de Trailrunning
Ca chegada dunha nova tempada de inverno toca ir pensando no tipo de licenza máis recomendable na modalidade de Trailrunning que se adapte á nosa realidade. Factores tan importantes como o ámbito de competición que queremos desenvolver, os obxectivos planificados, a modalidade que imos levar a cabo e o nivel de cobertura que desexamos dispor entre outros, determinarán o tipo de licenza máis axeitado.
Neste contido imos intentar despexar dúbidas e aclarar algúns aspectos sobre a cuestión de…¿Que licenza preciso para adestrar e competir?
TIPOS DE LICENZA E COBERTURA DO SEGURO
A licenza de Trail Running tramítase a través da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), dentro do marco de World Athletics, e permite acceder ás competicións oficiais recoñecidas e á cobertura de seguro correspondente.
Existen dúas opcións principais, segundo se o deportista xa dispón dunha licenza estándar ou non.
A) Licenza standar plus
Para quen xa ten unha licenza estándar de atletismo.
- Permite ampliar a cobertura mediante un seguro complementario específico.
- É a opción para quen xa ten licenza estándar e quere incorporar a cobertura correspondente ao Trail Running.
B) Licenza de corredor
Para quen practica exclusivamente ruta, trail e cross.
- Pode tramitarse directamente, sen necesidade de ter previamente unha licenza estándar.
- Inclúe as disciplinas de ruta, Trail Running e cross.
- Permite participar nas competicións que correspondan ao ámbito da licenza tramitada.
Fóra de España, esta modalidade coñécese habitualmente como licenza de Montaña e Trail Running.
AMPLIACIÓNS DO SEGURO
A cobertura do seguro depende da modalidade contratada e do ámbito xeográfico incluído.
- Cobertura básica: segundo as condicións da póliza, pode cubrir os adestramentos en Galicia, España, Portugal, Andorra, os Pireneos e Marrocos.
- Ampliación europea: recomendada para quen adestra habitualmente noutros países de Europa.
- Ampliación mundial: para quen necesita cobertura de adestramento fóra de Europa.
Importante: a cobertura durante a competición e a cobertura durante os adestramentos non son o mesmo. Cómpre comprobar sempre o ámbito territorial e as condicións específicas do seguro contratado.
QUE COMPETICIÓNS PODO DISPUTAR?
O ámbito competitivo depende da licenza tramitada: autonómica ou estatal
A) Licenza autonómica
Para competir no ámbito dunha comunidade autónoma.
- Habilita para participar nas competicións do ámbito autonómico correspondente.
- En Galicia, permite participar nas competicións galegas para as que sexa válida a licenza.
- Se un deportista está desprazado temporalmente noutra comunidade autónoma e vai competir alí, pode consultar coa súa federación a posibilidade de tramitar a licenza nesa comunidade.
Exemplo: un atleta dun club galego que estea temporalmente nas Illas Balears pode consultar a opción de tramitar a licenza autonómica balear se vai desenvolver alí a súa actividade competitiva.
B) Licenza Estatal
A opción máis recomendable para quen quere competir máis alá do ámbito autonómico.
Pode tramitarse como licenza de corredor estatal ou mediante a modalidade estándar con ampliación correspondente.
Permite, segundo os requisitos de cada competición:
- Participar nos campionatos de Galicia.
- Participar nos Campionatos de España individuais.
- Optar a formar parte da selección galega nos Campionatos de España por seleccións.
- Participar en competicións internacionais recoñecidas por World Athletics, incluídos os campionatos individuais de Europa e do mundo, tódalas probas da Copa do Mundo de carreiras de montaña.
Outras competicións: para probas como as Golden Trail World Series ou as finais das UTMB World Series, cómpre consultar o regulamento específico de cada evento.
ATENCIÓN: COMPETIR FÓRA DE ESPAÑA NON SIGNIFICA TER COBERTURA PARA ADESTRAR FÓRA
Este é un dos aspectos máis importantes á hora de escoller a licenza.
Un deportista con licenza estatal pode ter habilitación para competir nunha proba internacional recoñecida, pero iso non implica necesariamente que estea cuberto durante os adestramentos realizados nese país.
Por exemplo, se un corredor viaxa ao estranxeiro para participar nunha carreira e quere aproveitar a viaxe para recoñecer o percorrido ou adestrar, debe comprobar se a súa póliza cobre esas actividades.
Recomendación: para deportistas que compiten internacionalmente ou que adestran con frecuencia fóra de España, é recomendable valorar unha ampliación do seguro a nivel europeo ou mundial.
Resumo rápido ¿Que licenza escollo?
| Se o que necesitas é… | Opción que debes valorar |
Competir no ámbitodunha comunidade autónoma |
Licenza autonómica |
Competir en Galicia e accedera competicións do resto do Estado |
Licenza estatal |
Competir en ruta, trail e crosssen ter licenza estándar previa |
Licenza de corredor |
Xa tes licenza estándare queres incorporar cobertura específica |
Licenza estándar Plus |
Adestrar habitualmentenoutros países europeos |
Ampliación europea do seguro |
Adestrar fóra de Europa |
Ampliación mundial do seguro |