Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Lousame presenta o Campionato galego de trail running de maratón

Hoxe foi presentado no Salón de Actos do Concello de Lousame a edición 2026 do Trail de Lousame, que se disputará o vindeiro 27 de decembro, e será sede do Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning Maratón.

Na cita a FGA estivo representada por Iván Sangiao, responsable técnico do sector, quen valorou positivamente o esforzo do concello por ter a día de hoxe xa limpos os trazados así como axeitar tódalas distancias do evento ás categorías de competición, desde o “pequetrail” ata o Campionato, que contará cun total de 43 km e máis de 2 mil metros de ascenso.

A sesión foi presidida polo alcalde de Lousame, Esteban Ares, quen poñía en valor a capacidade organizativa do Concello, premiado á excelencia organizativa na última gala anual do trailrunning galego; mostra delo é a implicación de tódalas concellerías e persoal municipal para levar o evento a cabo así como unha colaboración de voluntariado xuvenil consolidada.

Pola súa banda, en representación da Xunta de Galicia, o xefe territorial de deportes, Julio Torreira destacaba o impacto económico que este evento terá para lousame e a súa comarca xa que durante os vindeiros meses acollerá a numerosos deportistas e acompañantes ó tempo que contribúe a dinamizar a vida deportiva da localidade e a súa comarca e por elo os hábitos de vida saudables.

O acto foi amadriñado por María Martínez González (Atletismo Porriño), atleta da selección galega e actual campioa de españa da especialidade ó tempo que foi medallista europea coa Selección Española no pasado campionato de Europa, desputado o mes de xuño en Eslovenia; convidada de excepción pola concelleira de deportes, Mariel Agrafojo, a quen agradeceu o apoio do evento e a súa vinculación con Lousame.

Para finalizar o evento, o equipo de traballo municipal e as autoridades realizaron a foto protocolaria no exterior do Concello.

Compartir