Saltar ao contido
Federación

Continúa o proceso electoral na FGA

O proceso electoral da Federación Galega de Atletismo (FGA) continúa este sábado, 12 de setembro de 16:00 a 20:00 boras coa celebración da xornada presencial de votación para a elección dos membros da Asemblea Xeral. As urnas estarán abertas entre as 16:00 e as 20:00 horas.

As persoas electoras deberán acudir á mesa correspondente en función do ámbito territorial da súa delegación. En total, habilitaranse oito mesas electorais distribuídas polas catro provincias galegas:

  • A Coruña: sede da FGA no Complexo Deportivo de Elviña; Pista Polideportiva da Malata, en Ferrol; e Estadio da Universidade, en Santiago de Compostela.
  • Lugo: Delegación da FGA nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.
  • Ourense: Delegación da FGA no Estadio de O Couto e Delegación de Valdeorras, no Estadio de Calabagueiros, en O Barco de Valdeorras.
  • Pontevedra: Delegación da FGA en Vigo, na Casa do Deporte, e Delegación da FGA en Pontevedra, no Estadio da Xuventude.

Cada elector deberá exercer o seu dereito ao voto na mesa correspondente ao ámbito territorial da delegación na que teña asignada a súa dirección electoral.

A xornada do sábado constitúe un novo paso no proceso para a renovación dos órganos de goberno da FGA: Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia. O proceso electoral foi convocado polo presidente da Comisión Xestora da FGA, Iván  Sanmartín, que deu paso á constitución dunha Comisión Xestora, encargada de asumir as funcións da anterior Xunta Directiva ata a finalización das eleccións.

A futura Asemblea Xeral estará formada por 74 representantes, distribuídos entre os diferentes estamentos. As entidades deportivas contarán con 50 representantes, mentres que o colectivo de atletas disporá de 16, aos que se suman 4 representantes de adestradores e outros 4 de xuíces.

A distribución dos representantes responde a un sistema de circunscrición provincial para entidades deportivas e atletas e autonómica para adestradores e xuíces.

Información electoral FGA

Compartir