Saltar ao contido
Campionato de Galicia

A subida vertical busca as súas gañadoras e gañadores

Despois de que a pasada edición non puidese disputarse debido aos numerosos lumes forestais que afectaron á comarca e impediron a celebración da proba, o campionato regresa este ano con forza e cunha participación destacada de atletas que aspiran a loitar polos diferentes títulos autonómicos e na que de maneira paralela se está disputando a subida Vertical “Sacauntos” 2026.

A competición contará con dúas probas. A categoría absoluta e as diferentes categorías máster afrontarán un percorrido de 4,2 km. e 1.050 metros de desnivel positivo, mentres que as categorías Sub16, Sub18 e Sub20 disputarán unha proba de 2,1 km. e 500 metros de desnivel positivo.

Entre os participantes desta edición destaca a presenza de Emilio Montilla, actual campión de España máster M55 da modalidade. Xunto a el, tamén partirán como nomes a ter en conta na loita polos títulos absolutos Tamara García, do Biosbardo, subcampioa galega absoluta na pasada edición; Julia Salvado, na categoría Sub23, e Lucía Taboada, Sub18, ambas as dúas do SD Compostela.

Nas restantes categorías, tamén será importante a participación de atletas que xa saben o que é subir ao máis alto do podio galego. É o caso de Lucía Peón, do Atletismo Arenteiro, campioa galega F40; Sonia González, da Mariña Atletismo, na categoría F50; Raquel Estévez, do Pinarium; e Adolfo Garrido, do Running Sport, na categoría M55.

Na categoría Sub23, outro dos atletas chamados a ter un papel protagonista será Kevin López, da Mariña Atletismo, actual campión galego da categoría.

Todo está preparado, polo tanto, para que desde a Punta Nova da Barca de Arnado  en Vilamartín de Valdeorras volva converterse este domingo no punto de encontro do mellor atletismo galego de montaña, nunha competición que promete emoción e unha intensa loita polos títulos autonómicos.

Máis información

Compartir