Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Castillo e de la Fuente, estrelas da noite en Vilagarcía

Sara Castillo do Celta Atletismo cun crono de 35:57 e David de la Fuente do Playas de Castellón con 29:45, impuxéronse esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia de 10K que tivo lugar no Concello de Vilagracía nunha edición que contou como principal atractivo a súa celebración nocturna.

A campioa galega, que partía como unha das favoritas grazas ao acreditar este ano o mellor tempo das participantes, foi secundada no podio por Lucía Sicre do Ría Ferrol quen chegaba a 15 segundos da gañadora e por Sara López do ADAS CUPA quen  facíao a 56 segundos. Xa na categoría masculina o subcampión de España este ano dos 5.000 m. e gañador na edición do ano pasado, cumplía os prognósticos facéndose co título e quitando 11 segundos ao segundo clasificado Denis Incuto do C.D. Delikia e 22 a Amadeo Abal do Surco Lucerna, quen remataba terceiro na clasificaión xeral do campionato.

O campionato que tamén era valedeiro para a clasificación por equipos, deixaba ao SD Compostela Atletismo como campión galego tanto na categoría feminina como na masculina.

No resto de categorías os gañadores galegos foron:

  • Absoluta: David de la Fuente (P. de Castellón) 29.45 e Sara Castillo (Celta At.) 35.57
  • Sub23. Nuno Moure (AD Fogar) 32:47 e Carolina Santos (Ría Ferrol) 38.44
  • Sub20. Antonio Ferreira (Illa Tambo) 35.39 e Sandra Pérez (Esprintes OU) 55.33
    Máster35. Emilio Pérez (ADAS CUPA) 32:30 e Sara Castillo (Celta At.) 35.57
  • Máster40. Germán Gacía (Nosportlimit) 34.16 e Ana Martínez (Serres Ru.) 42.50
  • Máster45. Jaci A. Mello (Compostela At.) 33.46 e Andreia Ramos (Fontes do Sar) 42.32
  • Máster50. Jordi Carrasco (Compostela At.) 33.50 e Aurora Leiro (Compostela At.) 39.40
  • Máster55. Emilio Montilla (Biosbardo) 36.03 e Julia Vaquero (Vet. Samil) 41.09
  • Máster60. Jose Suárez (Compostela At.) 36.05 e Sole Castro (Comesaña SC) 46.08
  • Máster65. Manuel Suárez (Vet. Samil) 39.15 e Angeles Rodríguez (A Silva) 55.45
  • Máster70. Jose Jardón (Vet. Samil) 43.54
  • Máster75. Antonio Riera (At.Deza) 53.26
  • Máster 80. Manuel Míllara (Comesaña SC) 57.26

Resultados

Compartir