Convócanse as eleccións á Federación Galega de Atletismo
A Federación Galega de Atletismo convoca oficialmente o proceso electoral para a renovación dos seus órganos de goberno, un procedemento que culminará coa elección da persoa que ocupará a Presidencia da entidade durante o vindeiro mandato.
No día de hoxe 22 de xuño, da comezo o inicio da fase III do calendario electoral na que entre outras, convocanse ás eleccións de acordo co establecido na normativa electoral vixente, nos Estatutos da Federación Galega de Atletismo e na lexislación deportiva aplicable, garantindo en todo momento os principios de transparencia, igualdade, participación e obxectividade.
Nas próximas semanas continuarase levando a cabo as distintas fases do proceso, que inclúen a publicación do censo electoral provisional; o censo definitivo, candidatura á asemblea e voto por correo; elección de asembleistas; candidatura á presidencia e comisión delegada, rematando ca elección á presidencia e comisión delegada e toma de posesión.
Toda a documentación relativa ao proceso electoral, incluíndo o calendario, o regulamento electoral, os modelos de presentación de candidaturas e as resolucións da Xunta Electoral, estará dispoñible para a súa consulta na páxina web oficial da Federación Galega de Atletismo, así como nos seus canais habituais de comunicación.
A Federación Galega de Atletismo fai un chamamento a todos os estamentos que integran a comunidade atlética galega —clubs, atletas, adestradores, xuíces e demais persoas con dereito a voto— para que participen activamente neste proceso democrático, fundamental para definir o futuro da entidade e continuar impulsando o desenvolvemento do atletismo en Galicia.