Saltar ao contido
Atención
Tecnificación

Sesión de portas abertas na concentración de valos deste domingo en Lalín

Co obxectivo de seguir impulsando o crecemento técnico e a participación na nosa comunidade, a Federación Galega de Atletismo, a través do Plan Galego de Tecnificación Atlética (PGTA), organiza unha xornada de portas abertas do sector de valados este domingo en Lalín de 10.30 horas a 13.30 horas

Esta iniciativa nace coa firme intención de acercar as disciplinas dos valados a todos os deportistas e adestradores/as da nosa federación, creando un espazo de encontro común onde compartir coñecementos e fomentar o interese por este sector.

A sesión terá un marcado carácter de aprendizaxe e colaboración, enfocándose principalmente en resolver todo tipo de dúbidas a atletas e adestradores. Tanto a nivel practico como teórico.

Cada participante pode vir con unha proposta personal, á que o adestrador responsable poida axudar. Nesta ocasión, a sesión irá orientada ao traballo rítmico cos valados.

A xornada está aberta a todas as categorías dende a categoría sub14 ata a categoría máster.

Para poder participar, será imprescindible contar coa licenza en vigor, sexa de adestrador ou de atleta.

Os interesados deberán confirmar a súa asistencia a través do formulario adxunto

  • Ligazón ao formulario: Inscrición
    Prazo límite: mércores 10 de xuño ás 20:00

Nota importante: É imprescindible inscribirse dentro do prazo indicado para poder participar e facilitar a xestión dos espazos e o material necesario.

Información completa

Compartir