A canteira toma A Coruña e os máster compiten pola Copa en Pereiro de Aguiar
Esta fin de semana a actividade competitiva estará centrada nos campionatos que se levarán a cabo o sábado na Coruña ca disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 e o domingo en Pereiro de Aguiar no que se celebrará a IX Copa de clubs máster.
Campionato Sub10 e Sub12
Novamente as categorías base do noso deporte acuden para tomar parte nesta gran cita que xunta a un importante número de atletas achegados de todos os recurrunchos da nosa comunidade.
Máis de cincuenta equipos, clubs, escolas atléticas e formacións, estarán acompañando aós máis novos e novas neste campionato que dará comezo as 10.00 horas e que rematará sobre as 20.30.
Como sempre nestas categorías, máis alá de resultados e rexistros, búscase unha xornada de aprendizaxes e experiencias na que os máis pequechos e pequechas do noso deporte poidan poñer en práctica da man dos seus adestradores e adestradoras, todo o aprendido ao longo da tempada.
Copa de clubs máster
A partir das 16:30 horas do domingo en Pereiro de Aguiar, serán os másterse quenes disputen este importante encontro que xunta a un total de sete formacións.
Entre os mesmos estará o Club Atletismo Sada quen defende o título logrado o ano pasado en Balaídos tanto en homes como en mulleres.
Xunto as das mariñas, estará o combinado do Samertolameu que ven de lograr este ano a copa indoor e que na edición do 2025, quedaban subcampias logo de empatar a puntos nun emocioante encontro.
Na categoría masculina, o Marineda Atético. acude a este cita ca intención de competir e intentar rachar a hexemonia sadende dos últimos anos. Xunto eles, un ano máis, o Samer estará na loita tamén polo título xunto a un importante combinado naronés.
Equipos participantes masculinos: C.A. Sada, Marineda A.; Samertolameu; C.A Narón; C.D. La Purísima; Sanysec-Ourense; A.Viguesa de Atletismo.
Equipos participantes fenininos: C.A. Sada, Samertolameu; C.D. La Purísima.