Cartel de auténtico luxo para un novo Cantones
Con todo practicamente a punto para Cantones-2026, unha das máximas atraccións deste ano será a presenza da española bimedallista olímpica María Pérez, quen lograba o título olímpico nos ultimos Xogos de París na proba de remudas mixtas xunto a Álvaro Martín, así como á medalla de prata sobre os 20K, e que ademais conseguía impoñerse na edicción do ano pasado, un luxo ata o momento ao alcance de tan só de tres españolas nas súas 39 edicións: Reyes Sobrino en 1987; María Vasco en 2002 e Beatriz Pascual no 2010.
En canto a palmarés, alén da marchadora granadina, estarán a participar o campión olímpico nos JJOO de París-24 Brian Pintado de Ecuador e a campioa olimpica en Tokio-20 Antonella Palmisano de Italia. A bicampioa mundial peruana Kimberli García, gañadora de Cantóns en 2023 e 2024, será outra dos grandes reclamos este ano xunto aos tamén campións e campioas mundiais Glenda Morejón de Ecuador (Muscat, 2022), Caio Bonfim do Brasil en Tokio-2025 así como Paula Torres de Ecuador e Hayato Katsuki do Xapón, ambos en Brasília 2026.
Para facernos unha idea do nivel desta preba, indicar que estarán presentes nada menos que o podio completo do último campionato do Mundo celebrado en Tokio-2025 sobre o 20 Km. (María Pérez, Alegna González e Nanako Fujji en mulleres e Caio Bonfim, Zhaozhao Wang, Paul McGrath en homes) . A maiores estarán sobre o circuíto da Mariña, as seis primeiras marchadoras por clasificación mundial do presente ano, a cuxo fronte estará María Pérez. Na categoría masculina será o brasileiro Caio Bomfin, (que ocupa este ano o segundo lugar), quen lidera un grupo de marchadores onde están novamente os mellores do mundo.
Multiculturilidade de paises en Cantones
Un total de 24 paises estarán representados este ano en GP Cantóns onde a delegación máis numerosa despois da española, será a mexicana con 26 participantes e a cuxo fronte estará a subcampioa mundial Alegna González, seguida da chinesa con 23 atletas e liderando, o tamén subcampión mundial, Zhaozhao Wang.
En canto a paises europeos a campioa olímpica Antonella Palmisano, abandeira a delegación italiana que acode a tomar parte con doce marchadores.
Xordania debuta no Gran Premio
Cabe destacar que un novo pais inscribirá o seu nome na extensa relación que ata o momento forma o gran quebracabezas de Cantóns ao longo da súa historia. Trátase do marchador Abood Joudeh que en representación de Xordania, fará ondear a bandeira do pais de oriente medio por primeira vez no novo circuíto da Mariña.
A marcha galega moi ben representada
Outro dos focos importantes de atención neste certame será a presenza dos irmáns galegos Antía e Dani Chamosa quen, xa instalados definitivamente na elite mundial, intentarán atacar os postos top mundial desta nova distancia á que se adaptaron extraordinariamente ben. Nos pasados mundiais de marcha de Brasília, realizaban un extraordinario papel contribuíndo a que España lograse o subcampionato en mulleres e a medalla de bronce en homes.
Na distancia do 10 Km internacional tambien poderemos ver a actuación tanto de Nicolás Collazo, que lograba recentemente debutar coa Selección Española como da campioa de España e tambien internacional Icía Ares.
Mar Caamaño, finalista no último campionato de España na distancia de media maratón, xunto ao campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Castillo entre outros, serán outros dos marchadores galegos a quen se estará seguindo moi atentamente.
Seguimento en directo