Saltar ao contido
Campionato de España

Xornada clave para os conxuntos galegos no Campionato de Liga

Avanzamos esta fin de semana no Campionato de Liga tanto en División de Honra como en Primeira división que se achega a súa segunda xornada ca participación de sete  clubs galegos.

En Honra feminina, desprazamento do Ría Ferrol a Pamplona na que se enfrontará ao gañador do cadrangular celebrado en Madrid na primeira xornada, o Trops Cueva de Nerja como a priori favorito para este encontro. As rivais directas das departamentais serán as catalanas do AA Catalunya a quenes terán que gañar para evitar agobios na última xornada.

Pola súa banda a Gimnástica de Pontevedra, logo do terceiro lugar no seu encontrto inaugural en Salamanca, camiña con paso firme para estar un ano máis en Honra. No seu viaxe a Barcelona, tan só o Fent Cami Mislata pode incomodar aos pontevedreses polo que o obxectivo serán as formacións do Grupompleo Pamplona e AA Catalunya.

Na primera División feminina o Sanysec-Ourense acude a Durango ca intención de prolongar o seu gran comezo ligueiro. Logo de gañar o primeiro encontro, pelexará na localidade vasca de Durango contra as locais do Bidezabal, as andaluzas do Delsur, e as catalanas do Cornellá e Bidezabal todas a priori asequibles ao cadro galehgo. Caso de gañar, as ourensáns plantarianse con moitas opcións de acadar un dos postos de ascenso á máxima categoría.

Na mesma división feminina compromiso da Gimnástica de Pontevedra en terras oscenses e do Celta Atletismo en madrileñas. A priori as celestes con dous puntos, e algo máis apuradas dun bo resultado, terán ao UCAM Cartagena como ao rival máis asequible no seu cadrangular. Pola súa banda as pontevedresas nun cómodo sétimo posto da clasificación xeral, bastaríalles con gañar ao Hiru-Herri ou ao At. Intec para selar practicamente a súa permanencia.

En primeira masculina, o Celta Atletismo disputará un encontro importante en terras andaluzas no que deberá polo menos gañar aos locais do Cordoba Atletismo, rival máis accesible, si non desexa pasar apuros no último encontro. Pola súa banda o Atletismo Narón, terá tamén no punto de mira da súa xornada, aos locais do Durango Kirol e que, caso de gañalos,  deixaría practicamente aos naroneses un ano máis en primeira división.

Encontros dos conxuntos galegos nesta segunda xornada:

División de Honra feminino (Pamplona)

  • Ría Ferrol
  • Trops Cueva de Nerja
  • Grupompleo Pamplona
  • AA Catalunya

División de Honra masculino (Barcelona)

  • Sociedad Gimnástica
  • At. Fent Cami Mislata
  • Grupompleo Pamplona
  • AA Catalunya

Primera División feminina (Madrid)

  • Celta Atetismo
  • Lleida U.A.
  • AD Sprint
  • UCAM-Cartagena

Primera Division feminina (Huesca)

  • Sociedad Gimnástica
  • At. Alcorcón
  • Hiru-Herri
  • Atletismo Intec

Primeira División feminina (Vizcaia)

  • Sanysec-Ourense
  • DELSUR Coop La Palma
  • Cornellá Atlétic
  • Bidezabal Durango AT

Primeira División masculina (Córdoba)

  • Celta Atletismo
  • Córdoba Atletismo
  • DELSUR Coop La Palma
  • Ló Esport Menorca

Primeira División masculina (Vizcaia)

  • Atletismo Narón
  • Atletismo Safor-Teika
  • Avinent Manresa
  • Duragon Kirol Taldea
Compartir