Saltar ao contido
Federación

Celebrada a Asemblea xeral ordinaria e extraordinaria da FGA

No día de hoxe tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago a Asemblea Xeral ordianaria e extraordinaria da Federación Galega de Atletismo á que acudiron os estamentos do atletismo galego.

Durante o comezo, o presidente Iván Sanmartín daba a benvida aos asistentes pasando a continuación a expoñer un informe sobre o peche do ano 2025 e os distintos resultados do primeiro trimestre do ano 2026. A continuación os membros aprobaron por unanimidade tanto as contas anuais do ano 2025 como a regulamentación das premiacións da FGA que servirán no sucesivo para dotar dun instrumento normativo máis eficaz ás distintas distincións que se otorguen por parte do ente federativo.

Co apartado dos rogos e cuestións formulados por parte dos asistentes, pechábase esta primeira parte asamblear.

Asemblea xeral extraordinaria

A continuación, e unha vez rematada a asemblea xeral ordinaria, convocábase a asemblea extraordinaria na que se procedeu á probación tanto do regulamento electoral como do calendario que rexirán as eleccións delegando na presidencia da federación a facultade de realización e aprobacións das modificacións que poida indicar a Secretaría Xeral para o Deporte sen necesidade de novo sometemento a aprobación da asemblea xeral e que contou ca aprobación unánime dos asistentes.

Ivan Sanmartín, anuncia a súa candidatura á reelección

Por outra banda, durante a  celebración da sesión  extraordinaria, o actual presidente da FGA, informaba aos presentes na sala da súa intención de concorrer ás eleccións presidenciais para un segundo mandato ao fronte do ente atlético galego.

Compartir