Saltar ao contido
Carreiras Populares Competición

Presentouse o “Correndo x Ourense 2026” que arrinca esta fin de semana

No día de hoxe tivo lugar a presentación do XIV Circuito de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense 2026”, nun acto ao que asistiron o alcalde do Concello, Gonzalo Pérez; o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira; o vicepresidente da FGA, Lalo Gómez; e o presidente do Sanysec-Ourense Atletismo, Óscar Seoane, entre outras autoridades e representantes do ámbito deportivo.

Un dos circuitos pioneiros

Durante a presentación destacouse a gran importancia que ten este tipo de iniciativas para os afeccionados ao deporte en xeral e ao atletismo en particular. Trátase dun circuíto que, sen renunciar ao seu marcado carácter popular, busca combinar actividade física e lecer, contribuíndo así ao fomento de hábitos de vida saudables entre a cidadanía.

Así mesmo, púxose en valor o papel deste circuíto como “un dos pioneiros neste formato”, consolidado ao longo dos anos como unha referencia no calendario deportivo da cidade.

No acto tamén se deu a coñecer o calendario de probas, que dará comezo xa este vindeiro domingo coa celebración da Carreira do Vinteún. O programa completo é o seguinte:

  • Carreira do Vinteún (26 de abril, ás 11:00 horas)
  • Carreira do Couto (30 de maio, ás 22:00 horas)
  • Carreira do Centro (6 de xuño, ás 22:00 horas)
  • Carreira Oira-San Tomé (28 de xuño, ás 10:00 horas)
  • Carreira de Mariñamansa (6 de setembro, ás 11:00 horas)
  • Carreira da Ponte (27 de setembro, ás 11:00 horas)
  • Carreira da Carballeira (18 de outubro, ás 11:00 horas)

Máis info

Compartir