O galego de combinadas por equipos, prato forte da fin de semana
Esta fin de semana o calendario oficial de probas da FGA deixará varias e importante citas ao longo de toda a nosa comunidade.
A primeira delas é o da celebración do Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas por equipos que xuntará nas pistas do CGTD de Pontevedra a partir do sábado e ata o domindo, un total de 8 equipos na categoría feminina e de 6 na masculina.
Entre os mesmos destaca a presenza dos conxuntos gañadores do ano pasado, Celta en mulleres e Gimnástica en homes xunto aos cales estarán participando:
- Categoria feminina: Sanysec-Ourense; At. Sada; Xuncas Diversia; Celta At.; Gimnástica; Comesaña SC; At,. Deza e At. Millaraio
- Categoría masculina: Gimnástica; Xuncas Diversia; At. Deza; Celta At.; Ames At. Savante e At. Sada
Xa o domingo nas pistas de Pereiro de Aguiar, teremos competindo a partir das 10:00 horas aos participantes na terceira xornada do III Circuito Galego de marcha logo do seu paso polas probas de Marín e A Estrada. Por diante as seguintes datas serán A Coruña o 23 de maio, Pontevedra o 21 de novembro, rematando o 27 de decembro ca disputa da última proba en sede ainda por definir.
Sen abandonar as instalacións de Josefina Salgado, xa na tarde a partir das 16:30 arrincará o I Trofeo Germán González que leva o nome do fundador do Atletismo Ben Cho Shey e alma mater do noso deporte en Pereiro de Aguiar.
A maiores tamén teremos esta fin de semana xornadas dos XOGADE que este mesmo vernes se estarán celebrando en Vigo e Cervo e que terán continuidade no Barco e na Pobra,
A ruta será tamén protagonista ca celebración este domingo de IV Edición 10K Costa Ártabra na Coruña e nas Rías Baixas, Moaña celebra a edición XVII da súa Carreira Pedestre.
As distantas propas de control organizadas en Pontevedra e a xornada técnica do sector de medio fondo que se levará a cabo en Lugo, completan esta importante axenda de fin de semana.