Saltar ao contido
Selección Galega

Unha competitiva Selección Galega de TR, viaxa ao Campionato de España

Este domingo 12 de abril, Oviedo recibe a celebración do Campionato de España de Trail Running por seleccións, a onde a Selección galega acude a tomar parte cun total de 23 atletas. O combinado galego, que se caracteriza por ser moi competitivo, tomará parte  en todas e cada unha das modalidades deste campionato a través dos seus 3 percorridos no Monte Naranco, de 22km con 1200 positivos para os absolutos; 13km con 650 positivos para sub23 e 8km con 400 positivos para promoción.

Categoría absoluta

O equipo feminino está liderado pola recente campioa de España en distancia short Trail (maratón), María Martínez do Atletismo Porriño, que estará acompañada pola subcampioa galega Antía Goberna (ASESOU), así como polas asiduas ós podios galegos como son Lucía Peón (At. Arenteiro), Bea Barroso (C.A Noia) e Carla Trillo (Biosbardo).

No apartado masculino liderará o equipo Federico Losada (Castro Trail) quen xa sabe o que é ser medallista nacional e internacional, acompañado por Andrés Flórez (Tribu Trail), Jaime García (C.D Pinarium), Rubén Insua (AD Olimpia) e Rubén Gómez (independente).

Categoría Sub23

O equipo feminino contará con Emma Méndez (E.A Lucense) e Julia Salvado (S.D Compostela) quenes xa saben o que é un podio por seleccións de trailrunning así como individuais, así como por Alex Formoso (Triki Team) quen xa debutou no campionato de España de carreiras de montaña o pasado ano en Canfranc.

No apartado masculino estaremos liderados por Sergio Bouza (Castelos), campión de españa sub23 en Caldas así como Javier González (Serres Runners) que dubutará nun estatal.

Categoría promoción

A categoría promoción xunta as categorías sub20 e sub18 para este campionato por seleccións, donde presentamos un equipo xoven, moi preparado e ambicioso donde moitos deportistas están a seguir o Plan Galego de Tecnificación Atlética.

Elas estarán lideradas pola internacional Sandra González (E.A Lucense), quen xusto chega de estar concentrada coa Selección Española de trail en Tarragona. Será a única sub20 posto que Lucía Taboada (SD Compostela), Xulia Vidal (S.D Compostela) e Alma Pereira (Comesaña S.C.) son atletas sub 18.

Eles estarán linderados por Adrián Sesar (C.A Pino), que chega nun momento de forma excepcional xunto o actual campión galego Álvaro Soto (Delikia), que está a facer unha gran tempada así como Diego Ferreira (SD Compostela) e Hugo Moráis (At. Celta).

Cita importante 

Esta proba repartirá prazas para o campionato de europa de montaña e trailrunning que se desputará en Eslovenia no mes de xuño, donde os gañadores da proba curta e longa terán pase directo de preselección.

A maiores as categorías sub18 disputarán unha praza para a Copa do Mundo de carreiras de montaña do mes de xuño.

Palmarés máis salientable dos integrantes da Selección

  • María Martínez. Campioa de España 2026, Campioa Galega
  • Antía Goberna.Subcampioa Galega 2026
  • Federico Losada. Subcampión do Mundo de Carreiras de Montaña Master
  • Andrés Flórez. Gañador en Cova da Bruxa, Trail Terras de Burón e Trail Laxe dos Bolos
  • Rubén Insua: Bronce Galego Absoluto 2026
  • Emma Méndez. Bronce por equipos no campionato de España 2025
  • Julia Salvado. Bronce por equipos no cto. de España 2025 + doble medallista estatal en Canfranc no campionato de España Vertical e no de carreiras de montaña
  • Sergio Bouza. Campión de España sub23 Short Trail 2026
  • Sandra González. Internacional coa selección de trail, campioa do mundo de carreiras de montaña coa seleccións española sub18 en 2024, Campioa Galega 2026
  • Lucía Taboada. Campioa absoluta en Cova da Bruxa, facendo doblete vertical + trail, Laxe dos Bolos
  • Adrián Sesar . Subcampión Galego de Carreiras de montaña 2025
  • Álvaro Soto. Campión Galego de trail 2026 e campión absoluto en Cova da Bruxa
  • Diego Ferreira. Subcampión absoluto no Trail Terras de Burón
  • Hugo Moráis. Bronce Galego trail 2026 e subcampión en Cova da Bruxa

 

Compartir