Saltar ao contido
Campionato de Galicia

O fondo galego e asturiano deuse cita no concello de Cervo

O Concello de Cervo acolleu esta pasada fin de semana o Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. e 5.000 m. que serviu tamén para rendir homenaxe ao gran fondista Alejandro Gómez en cuxo nome, celébrase anualmente un memorial coincidindo ca disputa deste autonómico.

Como era de agardar,  os principais favoritos cumpliron os prognósticos cun David de la Fuenta proclamándose campión galego dos 10.000 cun crono de 29:25.38 e Zelinda Spencer do Oviedo At. con 37:53.14. facendo o propio na categoría feminina.

Xunto aos campións galegos compartiron podio Ana Martínez do Serres Runners con 42:16 e Rocío Díaz do SD Compostela con 45:21. Na categoría masculina xunto ao tamén campión galego dos 5K en ruta do pasado 28 de marzo en Oroso, estiveron na zona dos metais Facundo Medrad do Riazor Coruña a 2:20 do gañador e Amador Pena do At. Obradoiro a 4:04.

Xa no campionato Xunta de Galicia dos 5000 m. as irmáns Demeku e Debris Paniagua domiñaban a proba con triunfo final para a primeira cun rexistro de 16:31.68. Pola súa contra, tanto Daniel Maneiro do At. Pino con 15.44.0 na Sub20 como Pablo Vázquez do At. Narón na Sub18 con 15:53.66,  resultaron gañadores nas súas categorías.

Gañadores edición 2026

Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m.

  • Absoluta: Zelinda Spender (Oviedo At.) 37:53.14 e David de la Fuente (P.Castellón) 29:25.38
  • Máster35. Manuel Folgueira (M.Barcia-Lourenza) 35:17.25
  • Máster40. Zelinda Spender (Oviedo At.) 37:53.14 e Ismael Lago (S.M.Marín) 34:34.20
  • Máster45. Amador Pena (At. Obradoiro) 33:29.58
  • Máster50. Loreto Sambade (Triki Team) 53:21.91 e Daniel Bargiela (Bikila) 34:09.60
  • Máster55. Rocío Díaz (SD Compostela) 45:21.40
  • Máster60. Saturnino González (Sanysec-Ourense) 36:59.52
  • Máster75. Eliseo López (Egovarros) 56:38.41

Campionato Xunta de Galicia de 5.000 m.

  • Sub20: Demeku Paniagua (At. Pino) 16:31.68 e Daniel Maneiro (At. Pino) 15:44.0
  • Sub18: Marta Alonso (Riazor Co.) 19:03.46 e Pablo Vázquez (At. Narón) 15:53.66

II Encontro Cantábrico e presenza de Adrian Ben

De maneira paralela estívose celebrando o II Encontro Cantábrico que xuntaba a atletas galegos e astures nunha competición que intenta ser un punto de encontro para o atletismo de ambas comunidades. Na mesma estivo presente  o campión de Europa Adrián Ben quen tomou parte na proba dos 3.000 m. sobre a que realizaba un crono de 7:59.66.

Por parte da federación asturiana, celebrouse de igual modo o seu campionato autonómico dos 5.000 e 10.000 m.

Resultados

Galería fotográfica FGA Campionato Galego 10.000 e 5.000 m.

Galería fotográfica FGA II Encontro Cantábrico

 

Compartir