González e de la Fuente suman o título galego dos 5K en ruta
Ángela González do Comesaña S.C. cun crono oficial de 17:20 e David de la Fuente do Playas de Castellón con 14:25, proclamáronse esta fin de semana campións galegos absolutos do Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado no Concello de Oroso para as categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18 e máster.
Con este resultado o salmantino suma un novo título que engadir aos xa logrados esta tempada tanto no campo a través como na pista curta sobre as distancias dos 1.500 e nos 3.000 m. Pola súa banda Ángela González fai o propio logo das pratas colleitadas no cros e na pista curta sobre os 1.500 m.
Xunto aos gañadores e gañadoras estiveron na zona do podio Lucía Sicre do Ría Ferrol a 44 segundos da gañadora e Celia Pérez do Comesaña S.C. a 58. Na categoría masculina foron Anxo Bello do At. Narón e Numo Moure do AD Fogar a 48 e 52 segundos respectivamente do gañador, quenes tamén estiveron no caixón de premiación.
No resto de categorías as campioas e campións galegos foron os seguointes:
- Absoluta: Ángela González (Comesaña SC), 17:20 e David de la Fuente (P.Castellón) 14:25
- Sub23. Rosana Fernández (SD Compostela) 18:36 e Nuno Moure (AD Fogar) 15:17
- Sub20. Andrea Díaz (Ría Ferrol) 18:49 e Anxo Bello (At. Narón) 15:13
- Sub18. Tania López (At. Narón) 19:38 e Pablo Vázquez (At. Narón) 16:16
- Máster 35. Nuria Mejuto (SD Compostela) 19:23 e Emilio Pérez (ADAS CUPA) 15:31
- Máster 40. Begoña Domínguez (Sanysec-Ou.) e 18:31 e Antonio Teijido (Ría de Foz) 15:48
- Máster 45. Sabela Martínez (SD Compostela) 19:12 e Amador Pena (At. Obradoiro), 15:57
- Máster50. Soledad A. Leiro (SD Compostela) 19:18 e Juan A. Gude (Luscus CRG) 15:43
- Máster55. Inés Papín (Dawako At.) 19:32 e Samuel J. Veiga (Triatlon Compostela) 17:55
- Máster60. Soledad Castro (Comesaña SC) 22:20
- Máster65. M.Laura Fernández (At. Sada), 23:51 e Manuel Suárez (Vet. Samil) 19:17
- Máster70. Begoña de Arriba (Egovarros V.) 30:06 e Xosé Lois Otero (At. Santiago) 21:23
- Máster75. Fernando Sáinz (At. SAR) 22:57
- Máster80. Manuel Míllara (Comesaña SC), 30:23