Saltar ao contido
Campionato de España

Galicia contará con 41 atletas no campionato de España indoor Sub20

Un total de 505 ateltas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de pista curta Sub20  que se estará levando a cabo na cidade de Sabadell, dos cales 41 serán atletas galegos e galegas.

Nas probas de anel, os subcampión de España Sub18 do ano pasado Javier Picos do do Marineda At. intentará estar na loita das medallas na proba dos 800 m. grazas aos seus 1:51.83 logrados no pasado campionato de Galicia.

A maiores esteremos moi pendentes da participación da campioa autonómica absoluta Paula Conde do Lucus Caixa Rural, con aspiracións de estar na final dos 60 m. Mesmo obxectivo para Marta Caamaño do Celta At. que intentará estar por debaxo dos 25 segundos nos 200 m.

Nos 400 m. o subcampión de España Sub18 indoor 2025 Martiño Salgado do Celta At. defenderá en Sabadell a tradición histórica dos catrocentistas olívicos . Na mesma distancia o campión galego absoluto Lucas Vázquez da At. Barbanza terémolo na loita directa polos metais.

María Estévez da Gimnástica, quen o ano pasado deixábanos xunto a Debris e Demuku Paniagua ese histórico podio estatal integramente galego na proba dos 2000 obstáculos, tomará parte sobre os 1.500 m. apuntando xa a tempada de aire libre.

Nos 3.000 m. outro dos destacados será o internacional plusmarquista e campión de España Sub18 Alex Sierpres, que conta ca terceira mellor marca dos participantes de 8:14.43. e que formará tandem cun excelente Iker Fernández do Lucus Caixa Rural que tamén aspira aos postos top. Na mesma proba, a versatil atleta internacional e subcampioa de España en Castellón nos 800 m. Sabela Martínez acredita a terceira mellor marca das participantes.

Na pértega atención a presenza tanto de Alexandra Lence do Celta At. con 3.51 m. como de Miguel Carbajales do Sanysec-Ourense con 4.76 m., ambos en disposición de atacar os postos de podio. Na relación de participantes, estará competindo en triplo salto o medallista de bronce de Valencia e participante no campionato de Europa Sub18 de Eslovaquia Gonzalo Cuns.

Xa na altura, a campioa galega absoluta e subcampioa de España Sub18 indoor Iria Solera do Sanysec-Ourense acude ca segunda mellor marca do campionato de 1.75 m. Na categoría masculina, o tamén subcampión de España Sub18  Gael Couñago do CAR Redondela, intentará  estar novamente sobre a barreira dos dous metros.

No círculo de lanzamentos, Gema Dacosta da Gimnástica acude para mellorar o seu oitavo posto logrado en Villafranca de los Barros o ano pasado e para Jesús Arias do Xuncas Diversia, será unha excelente oportunidade para mellorar os seus 4659 puntos no concurso de heptatlon.

A maiores tamén seguiremos moi de preto as evolucións dos finalistas do ano pasado Eloy Acuña da Gimnástica en peso e Marta Caamaño do Celta At. nos 200 m.

Compartir