Saltar ao contido
Campionato de Galicia

As categorías base do atletismo galego pechan a tempada indoor

Baixo unha gran participación de atletas, clubs e público asistente, celebráronse durante este pasado sábado e domingo os Campionatos Xunta de Galicia das categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

A fin de semana, dedicada integramente ás categorías base do atletismo galego, serviu para poñer de manifesto a excelente canteira coa que conta este deporte en Galicia. Ademais, a competición contou coa presenza de numerosos clubs, incluíndo tamén varias entidades de recente creación que continúan a reforzar e ampliar o tecido do atletismo galego.

Máis alá dos resultados e das medallas en xogo, o verdadeiro obxectivo destas xornadas foi ofrecer aos máis novos unha oportunidade para vivir unha experiencia de competición nun ambiente de convivencia, aprendizaxe e compañeirismo. Durante toda a fin de semana puxéronse de manifesto os valores fundamentais do deporte, como o respecto, o esforzo, a superación e o traballo en equipo.

Precisamente neste ámbito educativo e formativo cómpre destacar o labor realizado polos xuíces do Comité Galego de Xuíces. Ao longo da xornada do sábado, especialmente, puido verse como dedicaban tempo a falar cos máis pequenos e a explicarlles diferentes aspectos regulamentarios das probas, resolvendo dúbidas e contribuíndo a que os atletas comprendesen mellor o funcionamento da competición.

Pola súa banda, os adestradores e adestradoras tamén tiveron que multiplicarse en moitos momentos para atender os nervios e a ilusión dos seus atletas. Non en van, para moitos deles tratábase da súa primeira participación nun campionato destas características, o que converteu a experiencia nun momento especialmente significativo dentro da súa traxectoria deportiva.

Desde as bancadas tamén cómpre salientar o excelente comportamento de familiares e acompañantes, que durante toda a xornada non deixaron de animar e apoiar aos participantes. Cos seus ánimos e aplausos contribuíron a crear un ambiente festivo e deportivo que fixo desta fin de semana unha das citas máis especiais do calendario oficial de probas federadas do atletismo galego.

Xa na xornada do domingo, foron os Sub14 quenes tamen tomaron parte no seu campionato que deixaba os seguintes gañadoras e gañadores:

  • 60 m. Candela Martínez (At. Porriño) e David García (ADAS CUPA)
  • 500 m. Valeria Mera (Equilibrio Ferrol) e Marcos Gutiérrez (CD Purísima)
  • 1000 m. Claudia Álvarez (A Gándara) e  Antonio Sanmartín (At. Sada)
  • 2000 m. María Fernández (At. Lucense) e Angel Rodríguez (Vila de Vigo)
  • 60 v. Sara Zuluaga (At. Sada) e Álvaro Gómez (Lucus CRG)
  • Altura. Candela Alonso (Vila de Vigo) Joel Núñez (Rías Baixas)
  • Lonxitude. Valeria Mera (Equilibrio Ferrol) e David García (ADAS CUPA)
  • Triplo. Aldara González (Equilibrio Ferrol) e Jesús González (Maderas Barcia Lourenzá)
  • Peso. Claudia Lendoiro (At.Narón) e Ernesto Pedroso (At. Barbanza)
  • Pértega. Claudia Fernández (At. Deza) e Eiden Ferrer (ADAS CUPA)

Non á violencia

Paralelamente á celebración destes campionatos, se estivo levando a cabo unha campaña de sensibilización contra a violencia baixo o lema “Non a violencia no deporte nin na sociedad”. Durante o mesmo se estivo facendo entrega a atletas, adestradores e familiares duns libros editados pola Xunta de Galicia, que a modo de guía, pretenden ofrecer información e reflexións que axuden a comprender mellor estas situacións e a fomentar comportamentos baseados no respecto e na educación a través do deporte.

Resultados Sub10 e Sub12

Resultados Sub14

 

 

Compartir