Martín Fernández convértese nun dos grandes protagonista nos mundiais VIRTUS
A selección española FEDDI asinou unha actuación histórica no 2026 Virtus World Short Track Championship, organizado por Virtus e a Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEDDI), que se celebrou en Expourense do 4 ao 9 de marzo e onde estivo colaborando e coorganización a Federación Galega de Atletismo.
Durante uns días, Ourense converteuse no epicentro mundial do short track para persoas con discapacidade intelectual, reunindo a 113 atletas e 51 técnicos de 11 países nunha competición marcada polo alto nivel deportivo e un ambiente excepcional nas bancadas. España, Bulgaria, Francia, Italia, Polonia, Portugal, República Checa, Suecia, Turquía, Ucraína e un equipo neutral autorizado por Virtus formaron parte desta cita internacional.
Competir en casa supuxo un impulso especial para a selección española, que contou co apoio constante do público local, centros educativos e familiares que encheron as bancadas de Expourense durante as xornadas de competición.
O ourensá Martín Fernández, un dos grandes protagonistas do campionato
A nivel deportivo un dos momentos máis destacados do campionato chegou cas remudas 4×400 (II1) onde o equipo formado por Deliber Rodríguez, Dionibel Rodríguez David Pineda e o atleta ourensán do C.D. A Purísima Martín Fernández, lograban o campionato mundial establecendo un novo o récord do mundo da categoría. Ademáis deste récord, o campionato pechaba para España con dous récords mundiais máis, así como cun total de 17 medallas e un segundo posto no medalleiro xeral e na clasificación masculina por equipos, confirmando o gran momento do atletismo español dentro do movemento Virtus.