Antía e Aldara dan notoriedade á marcha galega
Antía Chamosa lograba esta pasada fin de semana proclamarse campioa de España absoluta de marcha na distancia de media maratón cun tempo de 1h.33.45 que representan ademáis un novo récord galego desta nova modalidade. Con este nova gran resultado, Antía sitúse xa como a gran baza do atletismo español de presente e futuro. Por si fora pouco, e na mesma distancia, unha gran Aldara Meilán da At. Lucense, lograba entrar na segunda posición a practicamente un minuto da pontevedresa logrando ademáis do subcampionato de España absoluto, o título na categoría Sub23 e amosando tamén as súas credenciais para unha modalidade que terá un claro acento galego a nivel internacional.
Pola súa banda, unha gran Mar Chillón do Celta At. era a outra das protagonistas galegas ao rematar nun extraordinario posto de finalista cun rexistro de 1h.49:16.
Na categoría masculina novo título de España, para o campión e plusmarquista mundial Juan Manuel Morales, quen parece non atopar límites polo momento. A marca do marchador do Marineda At. de 1h.42:24 representan un novo récord de España que engade ao seu gran palmarés.
No resto de actuacións galegas, nin a internacional Carmen Escaríz no Km.8 nin o finalista mundial Dani Chamosa da Gimnástica no Km.11 conseguían rematar a proba.
Foto. RFEA