Seis medallas para os Sub16 no campionato de España indoor
Esta finde semana estivo levándose a cabo na pista cuberta Carlos Gil Pérez de Salamanca o campionato de España Sub16 á que acudiron a tomar parte un total de cincuenta atletas galegos e galegas.
A nivel de resultados, lográronse seis medallas (dúas pratas e catro bronces) así como nove postos de finalistas que deixan a Galicia, por número de medallas, na cuarta posición de todas as federacións participantes.
No tocante á actuación dos nosos atletas, excelente comportamento de Mario Casal do Sanysec-Ourense logrando no concurso de peso unha mellor marca persoal no seu segundo intento de 14.72 que lle daban a medalla de prata. Gran mellora do ourensán quen viña con 13.94 m. como MMP lograda no campionato galego indoor.
Nas distancias de fondo Pedro Moirón do Lucus Caixa Rural Galega, conseguía outra gran actuación sobre os 1000 m. O campión galego indoor, lograba sobre a pista salmantina un tempo oficial na final de 2:34.70 que ademáis de ser unha MMP permitían ao lucense acadar o subcampionato de España.
Otra das medallas sumadas para Galicia foi a conseguida por Iago Gómez da Gimnástica sobre os valos. O pontevedrés quen acudía a esta cita con ganas de facelo ben, lograba un fantástico metal de bronce ao rexistrar nas series previas 8.84 e 8.83 que lle daban acceso á final onde remataba cunha MMP de 8.54.
Continuando cas medallas, Sofia Paz do At. Barbanza lograba un posto de podio na sempre dificil proba dos 60 m. A galega quen o ano pasado fora semifinalista, lograba acceder á final realizando un gran papel nas series previas, o que lle permitiron rematar no terceiro lugar cunha MMP de 7.64 a tres centésimas da prata.
Nos 3000 m. outra alegría para o atletismo galego xa que a representante da At, Lucense Lía Núñez establecía sobre a final dos 3000 m. un rexistro de 10:16.42. que colocaban á campioa galega de campo a través a teceira posición do campionato de España.
Por último, Celia Couto no concurso de combinadas lograba o sexto metal para a delegación galega. A atleta do Rías Baixas, quen xa o ano pasado fora finalista, realizaba un gran concurso, de maneira en especial nos valos e nos 600 m., que lle permitiu unha suma total de 3311 p. co que sumaba a medalla de bronce.
Saboreando o podio rematou Martín Otero do At. O Pino na proba dos 600 m. quedando moi pretiño do mesmo cun 4º posto e unha MMP de 1:24.47.
Compre tamén saliantar os postos de finalistas logrados por:
Martín Saavedra do At. Sada, Martín Barredo do At. Narón e Emma Otero do Coruña Comarca nos 300 m.; Lena Currás da Gimnástica en Pentatlón; Samuel Tallón do Ferrol At. e Mencía Álvarez de A Gándara nos 3000 m.; Diego Acuña da S.Gimnástica en lonxitude e Asier Otero do Lucus CRG en triplo.