Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Ames coroa aos mellores do TR Preclassic Sub16, Sub18 e Sub20

Excelente xornada a vivida esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia de TR Preclassic que acollía o Concello de Ames para as categorías Sub20, Sub18 e Sub16.

A proba, que arrincaba o domingo ás 10.25 h. sobre unha distancia total de 8 K., contou cun desnivel aproximado de 400 m., sobre o cal quixeron tomar parte un total de 25 atletas.

O triunfo na categoría Sub20 feminina foi para a internacional Sandra González da Atlética Lucense quen melloraba a segunda posición lograda no ano pasado.  En homes o triunfo foi para Adrián Sesar de At. O Pino quen de igual modo lograba escalar do bronce ata a medalla de ouro nesta edición.

No resto de categorías,  Lucía Taboada do SD Compostela a quen vimos o ano 2025 coroarse campioa galega Sub16, repetía posición este ano pero na categoría Sub18. En homes o triunfo e o título foi para Alvaro Soto do CD Delikia quen conseguía ademáis o primeiro posto da clasificación xeral.

Por último os Sub16 Judit Barros do +9 Moraña e  Pablo Barreiro  do CD Pinarium foron os máis rápidos sobre o curcuito de Ames marcando un crono respectivo de 48:18 e 40:17.

Podios do Campionato

Sub16 feminino

  • 1ª. Judit Barros C. (At.+9 Moraña)
  • 2ª. Ainoa Galán A. . (At.+9 Moraña)
  • 3ª.  Edurne Escaríz (At.+9 Moraña)

Sub16 masculino

  • 1º Pablo Barreiro I. (Pinarium)
  • 2º Iago Bello R. (AD Fogar)
  • 3º. Marcos Barcala R. (At. Tambre)

Sub18 feminino

  • 1ª. Lucía Taboada C. (SD Compostela)
  • 2ª. Xulia Vidal T. (SD Compostela)
  • 3ª. Helia García G. (Ría de Foz)

Sub18 masculino

  • 1º. Álvaro Sotelo D. (CD Delikia)
  • 2º Diego Ferreira V. (SD Compostela)
  • 3º Uxío Rudiño L. (At.Negreira)

Sub20 feminino

  • 1ª. Sandra González (At. Lucense)
  • 2ª. Aiala García F . (At.+9 Moraña)

Sub20 masculino

  • 1º. Adrián Sesar M. (C.A.Pino)
  • 2º. Hugo Morais R. (Celta At.)
  • 3º. Brais García G. (Mariña At.)

Resultados

Compartir