Galicia regresa con quince medallas máster de Durango
Un total de quince medallas foi o balance logrado polos atletas galegos e galegas que tomaron parte a pasada fin de semana no Campionato de España de lanzamentos longos máster celebrado en Durango.
Os títulos viñeron da man na categoría feminina de Lucía Doval de A Silva quen conseguía na categoría F50 proclamarse campioa de España en disco cun mellor lanzamento de 23.82 m. e na xavelina con 28.58 m.
Sobre o concurso de xavelina tanto Bea Viteri do Samertolameu na F35 con 26.93 m. como Ángeles Rodríguez de A Silva na F65 con 21.86 m. sumaban sendos títulos de España o mesmo que facían en martelo Loreto Brea da Gimnástica na F50 con 40.96 m. e Ana Abuin do Samertolameu na F65 con 22.21 m. atleta esta última, que sumaba outra medalla máis (prata) en martelo pesado con 7.52 m.
No resto de actuacións Marta Sureda do Samertolameu proclamábase subcampioa de España na F55 en disco con 27.93 m. e martelo con 32.60 m. completando a participación feminina a medalla de bronce colleitada por Myriam Vázquez de La Purísima en martelo F55 con 32.41 m.
No tocante á categoría masculina Xulio Ventín do At. Sada na M60 remataba o campionato cos títulos de martelo (41.14 m.) e martelo pesado (15.78 m.) sendo Javi Viteri do Samertolameu o outro dos galegos participantes que lograban o campionato en xavelina M60 con 39.72 e o subcampionato en disco con 39.46. Pola súa banda Raul Joaquín Pagan do At. Sada, lograba para Galicia o último dos títulos, desta vez en xavelina con M40 con 50.44 m. que representan a mellor marca do campionato.
Récord Galego
Compre salientar o récord galego realizado por Marta Sureda no co concurso de xavelina con 27.93 m.