Saltar ao contido
Federación

Visita da Deputación e Concello de Lugo

O pasado venres e coincidindo ca disputa da celebración da 2º xornada da Copa Deputación de Lugo estiveron nas pistas municipais lucenses do Gregorio Pérez Rivera o Vicepresidente da Deputación e deputado en deportes Efrén Castro e o Tenente de alcalde do concello Rubén Arroxo.

Durante a súa visita ás instalacións, os dous mandatarios estiveron interesándose polo estado e necesidades do atletismo actual tanto a nivel provicial como local, aproveitando a ocasión para compartir impresións co Delegado Federativo en Lugo Pablo Gandoy.

No percorrido, houbo tempo a pasar pola foto finish e comprobar o funcionamento e  importancia deste sistema de cronometraxe adquirido grazas á subvención da Deputación. De igual modo, a xornada serviu para ver in situ o excelente estado de saúde polo que atravesa o atletismo lucense que xuntaba durante esa sesión atlética, subvencionada de igual modo pola Deputación de Lugo, a algo máis de 350 atletas das categorías de Sub8 ata Sub14.

Compartir